Cargando eventos

Tendo en conta que novembro comeza coa festa do Samaín chea de historias de medo, de disfraces terroríficos … nós imos traballar cos monstros e os medos que estes producen.

Utilizaremos divertidas historias para axudarlles a controlar os devanditos temores e a comprender que son produto da súa imaxinación.

Hoxe, 21 de novembro ás 17.30 h, Obradoiro “Contos de monstros” para a rapazada a partir de 7 anos.

Imprescindible inscrición previa na biblioteca ou no 981 400 101 a partir do día 2 de novembro.