Cargando eventos

Inicio da campaña de montaxe colectiva dos adornos organizada polo Concello de Ortigueira co obxectivo de encher as rúas da vila de adornos orixinais feitos polos propios veciños e veciñas decorando con labores de gancho feitas con la o mobiliario urbán e as árbores cara ás festas de Nadal.

As persoas interesadas en participar nesta iniciativa teñen que se poñer en contacto co número de teléfono 604 053 265.