Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO ANIMA Á VECIÑANZA A FACER LABORES DE GANCHO CON LA PARA DECORAR A VILA CARA AO NADAL

O Concello de Ortigueira quere organizar un Nadal diferente e encher as rúas da vila de adornos orixinais feitos polos propios veciños e veciñas. Baixo o lema “Queres axudar a vestir o Nadal?” e seguindo o exemplo que xa se estendeu por diferentes lugares da xeografía galega, o goberno municipal ten a intención de decorar con labores de gancho feitas con la o mobiliario urbán e as árbores, dándolles un toque de cor cara ás festas de Nadal.

As persoas interesadas en participar nesta iniciativa teñen que se poñer en contacto co número de teléfono 604 053 265, onde se lles ofrecerá información. Xa houbo moitos veciños e veciñas que mostraron o seu interese por esta iniciativa, que rematará cunha montaxe colectiva dos adornos entre o 1 e o 5 de decembro.

Back to top