O CONCELLO ORGANIZA UNHA XORNADA SOBRE PROTECCIÓN DA INFANCIA FRONTE AO MALTRATO E O ABUSO SEXUAL

O Centro de Información a Mulleres do Concello de Ortigueira organiza para o vindeiro día 30 de maio unha “Xornada sobre Protección da Infancia fronte ao Maltrato e o Abuso Sexual”, que se desenvolverá no centro de participación social de San Roque e para a que está aberto o prazo de inscrición ata o día 28.

A actividade está especialmente dirixida a profesionais dos servizos sociais e do ámbito educativo e sanitario e será inaugurada ás 17.00 horas polo alcalde, Juan Penabad Muras. Cristina Blanco Aragón, subdirectora de Política Familiar, Infancia e Adolescencia, falará a continuación da protección fronte ao maltrato. Despois desta conferencia celebrarase unha mesa redonda sobre o tema “Menores expostos á violencia de xénero”, na que participarán María Beatriz Andrés Alonso, psicóloga do Centro de Recuperación Integral para mulleres víctimas da violencia de xénero (CRI) e Rosa Rilo Gómez, terapeuta ocupacional do mesmo organismo.

Ás 18.00 horas haberá un relatorio sobre a detección do abuso sexual e a intervención con nenos/as e adolescentes vítimas destes abusos, que estará a cargo de Javier Aznar Alarcón, psicoterapeuta da Fundación Meniños.

As xornadas finalizarán cun coloquio conxunto.

2018-05-18T14:34:11+00:00