Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ORTIGUEIRA CELEBRARÁ ESTA FIN DE SEMANA A I CONCENTRACIÓN DE CAMIÓNS

A Alameda de Ortigueira acollerá esta fin de semana a I Concentración de Camións, que dará comezo o venres coa chegada dos primeiros vehículos participantes.

Ás 12.30 horas do sábado 3 sairán en comitiva en dirección a Espasante e ás 14.00, xa de regreso na Alameda, terá lugar unha sesión vermú amenizada polo grupo Pasión, seguida dunha comida de confraternidade a prezos populares. Para albergar estas actividades instalarse unha carpa e haberá ademais unha exposición de coches de rally. Pola noite, a partir das 22.00 horas, haberá unha verbena na que volverá a actuar o grupo Pasión e tamén a Orquestra Principal. O programa rematará o domingo 4 a mediodía cunha nova sesión vermú, neste caso a cargo do grupo CQC.

Durante as tres xornadas haberá xogos e inchables para os cativos.

Back to top