Cargando eventos
Este evento pasou.

Hoxe luns 5 de novembro de 12.30 h a 13.30 horas na Aula CeMIT terá lugar a charla “Dalle luz á túa factura”.

Esta charla pretende facilitar os coñecementos básicos necesarios para comprender a factura eléctrica, para adoitar medidas de aforro no gasto eléctrico e para realizar unha reclamación nos distintos supostos que se poidan presentar en relación á contratación dos servizos prestados polas compañías eléctricas.

Centrarémonos ademais, nas tarifas con descontos como son o Bono social (a nivel estatal) e axudas específicas a consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social (a nivel autonómico).

Máis información e inscricións na aula Cemit (Teléfono: 981 402 533).