ORTIGUEIRA CELEBRA O DÍA DA BIBLIOTECA ESTE MÉRCORES COA ACTIVIDADE “A BANDA DE CORNELIA CANTA POESÍA”

O Concello de Ortigueira celebrará o vindeiro mércores 24 o Día da Biblioteca cunha nova sesión de contacontos que terá lugar a partir das 17.30 horas na propia biblioteca municipal e que correrá a cargo de A Banda de Cornelia. A actividade leva por título “A banda de Cornelia canta poesía” e está dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos. As prazas son limitadas, polo que hai que se inscribir na biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 400 101.

A iniciativa está incluída no programa da Xunta “Ler conta moito”.

2018-10-22T13:27:59+00:00